|
Orde do 29 de maio de 2008 pola que se
aproba o calendario escolar para o curso 2008/2009, nos
centros docentes sostidos con fondos públicos
A disposición adicional quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3
demaio, de educación (BOE do 4 demaio)
establece que as administracións educativas fixarán
anualmente o calendario escolar e que este
comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino
obrigatorio.
Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación
e administración do ensino regrado son
competencia da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria e co obxecto de fixar o calendario
escolar e as actividades de fin de curso para o curso
2008/2009 nos centros docentes sostidos con fondos
públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da
Dirección Xeral de Ordenación e
Innovación Educativa,
DISPOÑO:
Capítulo I
Calendario escolar
Artigo 1º.-Aprobación.
Apróbase o calendario escolar para o curso 2008/2009 coas
especificacións que se sinalan.
Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.
Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia sostidos
con fondos públicos.
Artigo 3º.-Duración do curso académico.
1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de
2008 ata o 31 de agosto de 2009.
2. Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 4 como
máximo realizaranse as probas
correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso
2007/2008 para o alumnado de educación
secundaria obrigatoria e bacharelato.
3. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da
devandita convocatoria extraordinaria
poderán realizarse ata o día 5 de setembro, incluído.
4. Sen prexuízo do establecido no Artigo 10º desta orde, nos
días en que se celebren as probas
extraordinarias, serán de aplicación o punto 107 das
instrucións que regulan a organización e o
funcionamento dos institutos de educación secundaria,
aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG
do 2 de setembro), o punto 127 das instrucións que regulan a
organización e o funcionamento dos centros
públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de
2000 (DOG do 2 de novembro) e o punto ñ)
do Artigo 81 do Regulamento orgánico das escolas de
educación infantil dos colexios rurais agrupados e
dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto
374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de
outubro) naqueles centros en que se imparten os dous
primeiros cursos da educación secundaria
obrigatoria. Para tal fin, as direccións dos centros
elaborarán o correspondente horario de gardas.
5. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e
bacharelato que non puidesen matricularse no
prazo ordinario poderán facelo no prazo extraordinario, que
rematará o día 10 de setembro de 2008,
incluído.
Artigo 4º.-Comedores escolares dos centros públicos.
1. Os comedores escolares funcionarán en educación primaria
desde o día 11 de setembro de 2008 ata o
22 de xuño de 2009. En educación secundaria obrigatoria
funcionarán desde o 18 de setembro de 2008 ata
o 23 de xuño de 2009.
2. Os delegados provinciais poderán autorizar a modificación
das datas de inicio e final do servizo de
comedor escolar naqueles centros en que concorran
circunstancias excepcionais debidamente xustificadas
que así o aconsellen.
Artigo 5º.-Actividades lectivas.
1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial
e na educación primaria, as actividades
lectivas realizaranse do día 11 de setembro de 2008 ao 22 de
xuño de 2009, ambos os dous inclusive.
2. Na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato, as
actividades lectivas realizaranse entre os
días 1 e 4 de setembro de 2008, ambos os dous inclusive, de
conformidade co establecido no Artigo 3º.2
desta orde, e do 18 de setembro de 2008 ao 23 de xuño de
2009, ambos os dous inclusive. Non obstante o
anterior, para o segundo curso de bacharelato as actividades
lectivas ordinarias rematarán de acordo coas
datas previstas para as probas de aptitude para o acceso á
universidade.
3. Nos programas de cualificación profesional inicial, as
actividades lectivas comezarán o 18 de
setembro de 2008 e rematarán o 29 de maio de 2009.
4. En formación profesional, as actividades lectivas
comezarán o 25 de setembro de 2008 e rematarán de
acordo cos requirimentos horarios establecidos para cada
ciclo formativo.
5. Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas
comezarán o 26 de setembro de 2008 e non
rematarán antes do 1 de xuño de 2009; agás as ensinanzas
superiores de arte dramática que comezarán o
día 24 de setembro de 2008 e non rematarán antes do 3 de
xuño de 2009.
No caso dos ciclos de grao medio e superior de artes, dos de
ensinanzas deportivas, dos estudos
superiores de deseño, de conservación e restauración e de
arte dramática rematarán de acordo cos
requirimentos horarios establecidos para cada un destes
estudos.
Artigo 6º.-Períodos de vacacións.
1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2008 ata o día 7 de
xaneiro de 2009, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 6 ao 13 de abril de 2009, ambos
os dous inclusive.
3. Entroido: días 23, 24 e 25 de febreiro de 2009.
Artigo 7º.-Días non lectivos.
1. Son días non lectivos os festivos así
declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia,
en
exercicio das competencias que lle atribúe o Artigo 1.31º do
Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro
(BOE do 7 de novembro) e as festas laborais de carácter
local publicadas por resolución da antedita
consellería.
2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de
carácter local, ás cales se refire o punto
anterior, non coincidan con días de clase, os consellos
escolares, ou no seu defecto os responsables dos
centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo
proceda, un ou dous días non lectivos, que
deberán preverse na programación xeral do centro,
argumentando razóns de tradición, costume ou
conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes
do día 31 de outubro de 2008, perante o
delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, quen, logo de informe da
Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o
que proceda.
É recomendable que os centros damesma localidade elixan, de
ser o caso, osmesmos días non lectivos,
para o que se buscará o consenso entre todos os centros para
a súa selección.
3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no
Artigo 8º.2 e co fin de unificar a celebración
dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do
Ensino coa consideración de non lectivo para
efectos académicos e que no curso 2008/2009 se celebrará o
20 de marzo de 2009.
Artigo 8º.-Conmemoracións.
1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as
seguintes conmemoracións:
-Do 1 ao 12 de decembro de 2008: conmemoración da
Constitución e do Estatuto de autonomía de
Galicia.
-10 de decembro de 2008: Día da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos.
-30 de xaneiro de 2009: Día da Paz.
-8 de marzo de 2009: Día Internacional da Muller
Traballadora.
-15 de marzo de 2009: Día Mundial dos Dereitos do
Consumidor.
-Do 9 ao 13 demarzo de 2009: Semana da Prensa. Un día desta
semana traballarase na aula con xornais.
-Entre o 14 ao 30 de abril de 2009: Día do Libro.
-7 de abril de 2009: Día Mundial da Saúde.
-9 de maio de 2009: Día de Europa.
-Do 11 ao 15 de maio de 2009: Semana das Letras Galegas.
-5 de xuño de 2009: Día Mundial do Ambiente.
2. Os centros que imparten máis dun nivel de ensino deberán
unificar nunha única xornada as
conmemoracións correspondentes, circunstancia que deberán
comunicarlle por escrito á Inspección
educativa con antelación suficiente para o seu coñecemento.
3. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos
anteriores sexa sábado, domingo, festividade local
ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións
establecidos no Artigo 6º desta orde, a correspondente
conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente
anterior ou posterior que se estableza na
programación xeral anual.
4. As datas ás que se refire o punto 1 son lectivas para
todos os efectos e nelas os centros deberán
organizar actividades diversas, tendentes a salientar a
importancia das referidas conmemoracións.
Artigo 9º.-Modificación do calendario escolar.
Os delegados provinciais, por
circunstancias concretas de organización, poderán autorizar
a
modificación das datas de comezo e remate das actividades
lectivas.
Calquera modificación que se lle precise facer ao calendario
escolar deberá ser solicitada, polo menos
con quince días de antelación, polo centro interesado ao
delegado provincial, quen, logo do informe da
Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o
procedente.
Capítulo II
Inicio do curso
Artigo 10º.-Actividades de programación.
Desde o comezo do curso ata o inicio das clases, o
profesorado dos centros públicos, ben
individualmente, ben formando parte dos órganos de
coordinación didáctica correspondentes, baixo a
dirección dos seus responsables, colaborará na elaboración
da programación xeral anual e na revisión dos
proxectos educativos e concrecións de currículos,
participará nas reunións de ciclos, departamentos,
claustros e cantas outras actividades estean relacionadas
coa organización do curso. Nese período os
departamentos didácticos, baixo a coordinación e dirección
do respectivo xefe de departamento,
dedicaranse a elaborar a programación didáctica das
ensinanzas correspondentes ás áreas, materias ou
módulos integrados no departamento e a organizar o curso
escolar.
Artigo 11º.-Xornada escolar.
1. A xornada escolar será a establecida pola lexislación
vixente para cada unha das etapas e niveis.
2. Aqueles centros que combinen o servizo de transporte
escolar con outros centros deberán establecer,
coa autorización do delegado provincial da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, un
horario que, coas adaptacións necesarias, lle permita
garantir o axuste e a perfecta coordinación dos centros
con este servizo. Estes centros comunicaranlle ao delegado
provincial a proposta de horario escolar para o
curso 2008/2009, debendo resolver este antes do inicio das
clases.
3. A xornada matinal nos centros que a tiveran concedida
pola Delegación Provincial para os meses de
xuño e setembro no ano académico 2007/2008, considérase
prorrogada para o curso 2008/2009 en iguais
termos.
Capítulo III
Final de curso
Artigo 12º.-Escolas de educación infantil, colexios de
educación primaria, colexios de educación
infantil e primaria, centros de educación especial, centros
públicos integrados (educación infantil e
primaria) e colexios rurais agrupados.
1. Actividades non lectivas.
O período comprendido entre o 23 e 30 de xuño de 2009, ambos
os dous inclusive será dedicado polo
profesorado, entre outras actividades, a elaborar as actas
de avaliación, os informes individualizados, os
informes para as familias e os documentos de avaliación que
corresponda; todo o profesorado dos centros
públicos permanecerá no centro ata o día 30 de xuño de 2009
inclusive.
Nese período de tempo, logo de autorización da Inspección
educativa, a dirección poderá adecuar o
horario do profesorado de acordo coas actividades
programadas.
2. Atención ás reclamacións contra as cualificacións ou
decisións de promoción.
Sen prexuízo do anterior, as direccións dos centros deben
garantir a atención ás reclamacións contra as
cualificacións finais, ou decisións de promoción, realizadas
dentro dos prazos previstos no punto 11 do
capítulo IV do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997 pola que
se regulan determinados aspectos de
organización e funcionamento das escolas de educación
infantil, dos colexios rurais agrupados, dos
colexios de educación primaria e dos colexios de educación
infantil e primaria dependentes daConsellería
de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de
setembro), para o alumnado de educación infantil
e primaria, e na Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se
regula o procedemento para garantir o dereito do
alumnado de educación secundaria obrigatoria e de
bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa
avaliado conforme criterios obxectivos (BOE do 20 de
setembro), para o alumnado de educación
secundaria obrigatoria.
Artigo 13º.-Institutos de educación secundaria, centros
públicos integrados (educación secundaria
obrigatoria e programas de cualificación profesional
inicial) e centros de ensinanzas de réxime especial.
1. Calendario final do curso.
Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario
das actividades docentes para o final de
curso 2008/2009, de acordo coas instrucións que seguen.
As direccións dos centros citados enviaranlle aos servizos
provinciais de Inspección educativa, antes do
día 1 de maio de 2009, un resumo do calendario aprobado polo
claustro conforme os modelos recollidos
nos anexos I, II, III e IV. As inspeccións comunicaranlles
as modificacións, se for o caso, aos centros que
proceda antes do 15 de maio de 2009 para que as direccións
llas dean a coñecer ao profesorado para o seu
cumprimento.
Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario
aprobado polo claustro deberá incluír as
actividades docentes referidas ás probas de avaliación,
sesións de avaliación conxunta, recuperacións e
cantas outras actividades estean relacionadas co final de
curso.
2. Probas finais.
2.1. O alumnado da ESO e de 2º de bacharelato con
disciplinas pendentes de cursos anteriores será
convocado, se é o caso, a unha proba final durante o mes de
maio de 2009.
2.2. Nas escolas de arte e superiores de deseño, as probas
extraordinarias e a defensa de proxectos
correspondentes aos ciclos formativos de ensinanzas
artísticas, así como ás ensinanzas superiores de
deseño, realizaranse a partir do día 8 de xuño de 2009.
2.3. Na Escola Superior de Conservación e Restauración de
Bens Culturais de Galicia os exames finais
do curso realizaranse a partir do día 15 de xuño de 2009.
2.4. As escolas oficiais de idiomas realizaranlles as probas
finais ao alumnado oficial e libre a partir do
día 1 de xuño de 2009.
2.5. Na Escola Superior de Arte Dramática as probas finais
realizaranse a partir do 8 de xuño de 2009.
3. Sesións de avaliación.
3.1. As sesións de avaliación final do alumnado da ESO e do
primeiro curso de bacharelato deberán
realizarse a partir do día 24 de xuño de 2009.
3.2. As sesións de avaliación final do alumnado do segundo
curso de bacharelato adecuaranse ás datas
previstas para as probas de aptitude para o acceso á
universidade.
3.3. As sesións de avaliación final do alumnado dos
programas de cualificación profesional inicial
poderán realizarse a partir do día 25 de maio de 2009.
3.4. As sesións de avaliación final do alumnado de formación
profesional específica poderán realizarse a
partir do día 24 de xuño de 2009.
3.5. Os conservatorios de música e os conservatorios de
danza realizarán as avaliacións do alumnado
dos días 1 ao 5 de xuño de 2009.
3.6. Nas escolas de arte e superiores de deseño, así como na
Escola Superior de Conservación e
Restauración de Bens Culturais de Galicia, as avaliacións
finais do alumnado e cantas outras actividades
estean relacionadas co final de curso realizaranse despois
do día 24 de xuño de 2009.
3.7. Na Escola Superior de Arte Dramática as sesións de
avaliación final do alumnado realizaranse a
partir do día 15 de xuño de 2009.
3.8. Nas Escolas Oficiais de Idiomas as sesións de
avaliación correspondentes á proba de certificación
poderán realizarse a partir do 1 de xuño de 2009.
4. Horario do profesorado.
4.1. Unha vez realizadas as avaliacións finais do segundo
curso de bacharelato, ofertaranse as clases nas
disciplinas obxecto das probas de aptitude para o acceso á
universidade ata a realización das citadas probas.
Con este fin, quedan autorizadas as direccións dos centros
para introducirenmodificacións nos horarios do
profesorado e grupos de alumnado afectados, asignándolle ao
profesorado as horas en que deixen de
impartir a súa materia a tarefas da súa responsabilidade,
segundo o cargo ou posto que desempeñe,
incluídas as gardas que se consideren necesarias.
4.2. O establecido no punto anterior será de aplicación ao
profesorado dos programas de cualificación
profesional inicial en relación coas probas de acceso a
ciclos de grao medio.
4.3. Así mesmo, quedan autorizadas as direccións dos centros
para introduciren modificacións nos
horarios do profesorado afectado pola formación en centros
de traballo, asignándolle ao profesorado as
horas, nas que deixen de impartir os módulos da súa
competencia a tarefas da súa responsabilidade,
segundo o cargo ou posto que desempeñe, incluídas as gardas
que se consideren necesarias.
4.4. Sen prexuízo do expresado nos puntos
4.1 ao 4.3 anteriores, o profesorado dos institutos de
educación secundaria seguirá cumprindo o seu horario lectivo
ata o día 23 de xuño de 2009 incluído. A
partir dese día e ata o día 30 inclusive, as direccións dos
institutos de educación secundaria poderán
modificar os horarios do profesorado para adecualos ás
actividades establecidas no calendario aprobado
polo claustro e aceptado pola Inspección educativa (entrega
de cualificacións, atención a reclamacións e
cantas outras actividades estean relacionadas co final de
curso).
4.5. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros
públicos de ensinanzas de réxime especial
poderán adaptar os horarios dos profesores ás necesidades
específicas de cada centro. Tal adaptación non
poderá supor variación do número global de horas semanais de
permanencia no centro previsto no horario
lectivo de cada profesor.
5. Atención ás reclamacións contra as cualificacións ou
decisións de promoción.
As direccións dos centros deben garantir a atención ás
reclamacións contra as cualificacións finais, de
conformidade co procedemento establecido na seguinte
normativa, ou na normativa posterior que a
substitúa, e na que lle resulte aplicable:
Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o
procedemento para garantir o dereito dos alumnos de
educación secundaria obrigatoria e de bacharelato a que o
seu rendemento escolar sexa avaliado conforme
a criterios obxectivos (BOE do 20 de setembro), para
educación secundaria obrigatoria e primeiro curso de
bacharelato.
Orde do 17 de abril de 1997 pola que se establece o
procedemento que cómpre seguir nas reclamacións
das cualificacións outorgadas no segundo curso do
bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de
outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG do 26
de maio), para o 2º curso de bacharelato.
Orde do 30 de xullo de 2007, pola que se regula a avaliación
e acreditación académica do alumnado que
cursa as ensinanzas de formación profesional inicial (DOG do
9 de agosto), para formación profesional.
Orde do 25 de abril de 2007 pola que se regula a avaliación,
a acreditación académica e amobilidade do
alumnado que cursa as ensinanzas superiores de artes
plásticas e deseño e as de conservación e restauración
de bens culturais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 9
demaio), para as ensinanzas superiores de
artes plásticas e deseño e as de Conservación e Restauración
de Bens Culturais
.
Orde do 11 de febreiro de 2008, pola que se regula a
avaliación e cualificación do alumnado que cursa
as ensinanzas profesionais de danza que se establecen na Lei
orgánica 2/2006, do 3 demaio, de educación
(DOG do 25), para as ensinanzas profesionais de danza.
Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a
avaliación e cualificación do alumnado que cursa as
ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei
orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
(DOG do 26), para as ensinanzas profesionais de música.
Orde do 24 de xullo de 1991 pola que se regula a
organización das actividades docentes nos centros de
bacharelato, formación profesional e institutos de educación
secundaria e profesional (DOG do 28 de
agosto), no punto 10.2, para o restante alumnado de
ensinanzas de réxime especial.
Artigo 14º.-Probas de acceso.
1. Nos conservatorios de música e nos conservatorios de
danza as probas de acceso iniciaranse a partir
do día 8 de xuño de 2009.
2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e
superior de formación profesional, de
ensinanzas de artes plásticas e deseño e de ensinanzas
deportivas, así como as de acceso aos estudos
superiores de deseño, arte dramática e
conservación e restauración de bens culturais,
estableceranse a
través das súas respectivas resolucións anuais.
Artigo 15º.-Actas de avaliación final.
1. As secretarías dos centros deberán remitirlle á
delegación provincial correspondente fotocopias
autenticadas das actas de avaliación final de todos os
cursos do seu centro e dos centros privados adscritos,
se é o caso, antes do día 15 de xullo de 2009.
2. As actas correspondentes aos cursos que teñan
convocatoria extraordinaria (setembro) enviaranse
antes do día 15 de setembro de 2009.
Capítulo IV
Outras disposicións
Artigo 16º.-Memorias de fin de curso.
1. As direccións dos centros de educación infantil e de
educación infantil e primaria enviarán ao servizo
provincial de Inspección respectivo, antes do día 10 de
xullo de 2009, a memoria anual do centro a que se
refire o punto 5 do capítulo I do anexo á Orde do 22 de
xullo de 1997, pola que se regulan determinados
aspectos organizativos e de funcionamento das escolas de
educación infantil, dos colexios rurais
agrupados, dos colexios de educación primaria e dos colexios
de educación infantil e primaria dependentes
da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG
do 2 de setembro).
2. As direccións dos centros públicos integrados enviarán,
antes do 10 de xullo de 2009, ao servizo
provincial de Inspección educativa respectivo, a memoria
anual do centro a que se refire o punto 43 das
instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos
centros públicos integrados, aprobadas pola
Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións
para o desenvolvemento do Decreto 7/1999,
polo que se implantan e regulan os centros públicos
integrados de ensinanzas non universitarias (DOGdo 2
de novembro).
3. As direccións dos institutos de educación secundaria
enviaranlle ao servizo provincial de Inspección
respectivo, antes do día 10 de xullo de 2009, a memoria
anual do centro a que se refire o punto 43 das
instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos
institutos de educación secundaria,
aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de
setembro).
4. As direccións dos centros de ensinanzas de réxime
especial, en aplicación da disposición transitoria
primeira da Orde do 1 de agosto de 1997, elaborarán ao longo
do mes de xuño de 2009, logo do informe
dos respectivos claustros, unha memoria que recolla o grao
de consecución dos obxectivos fixados na
programación xeral anual, as dificultades atopadas e
asmedidas correctoras introducidas, de ser o caso. A
devandita memoria, con informe do consello escolar do
centro, enviarase ao servizo provincial de
Inspección na primeira semana de xullo de 2009 e terase en
conta á hora de elaborar a programación do
curso seguinte, sobre todo para programar novamente
obxectivos non acadados, ou acadados parcialmente
no curso anterior, e artellar novos medios para logralos.
Disposición adicional única.Período de adaptación do
alumnado de educación infantil que se incorpora
por primeira vez ao centro.
O período de adaptación do alumnado de educación infantil
que se incorpora por primeira vez ao centro,
a que se refiren o punto 1.8 do capítulo
VI do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se
regulan
determinados aspectos organizativos e de funcionamento das
escolas de educación infantil, dos colexios
rurais agrupados, dos colexios de educación primaria e dos
colexios de educación infantil e primaria
dependentes da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria (DOG do 2 de setembro), e o punto
53 das instrucións que regulan a organización e o
funcionamento dos centros públicos integrados,
aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se
ditan instrucións para o desenvolvemento do
Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros
públicos integrados de ensinanzas non
universitarias (DOG do 2 de novembro), terá a mínima
duración posible que permita acadar os seus
obxectivos, non podendo prolongarse con posterioridade ao 26
de setembro de 2008.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2008.
Laura Sánchez Piñón
Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria |
|